35.ESAV
+34 886 13 93 53
+34 635 63 93 16
Gallego | Portugués | Inglésinfo@35esav.com

Olga Osorio


Preproducción creativa y su distribución
olgaosorio.wordpress.com/

OLGA OSORIO (Lugo)

OLGA OSORIO (Lugo) Doutora en Humanidades pola UDC (premio extraordinario) e licenciada en Xornalismo pola Complutense de Madrid, Olga Osorio é profesora de Dirección de Fotografía na facultade de Ciencias da Comunicación da UDC e de Procesos e Medios de Comunicación no IES Imaxe e Son. O seu último traballo audiovisual é a curta Einstein-Rosen, a competición en sección oficial en festivais coma o 49 Festival de Sitges, Leuven International Short Film Festival, Seattle International Film Festival, Palm Springs, NYCIFF ou RIFF entre outros . Antes dirixiu "reStart", coa que gañou numerosos premios e estivo seleccionada nos mellores festivais de fantástico do mundo, e o videoclip "Buscando a Superfama", Mestre Mateo ao mellor videoclip en 2016, premio Crea á mellor dirección e premio do xurado en Cans. É tamén a produtora e axudante de dirección da multipremiada curta 3-1=0, dirixida por Juan Galiñanes e codirectora do videoclip Garden's Road, gañador de trece premios nacionais internacionais, entre eles o Mestre Mateo ao mellor videoclip. Na actualidade traballa na súa seguinte curtametraxe, o proxecto de ficción Mouras, co que participou no foro de proxectos de Clermont-Ferrrand. Como fotógrafa, en 2003 obtivo o primeiro premio Cidade de Lugo "Lugo no Nadal" e no 2006 gañou o Concurso de Proxectos Fotográficos sobre o Mar de Galiza organizado polo Club Náutico e o CEF Vigo, que deu como resultado a serie Reflexións, editada en forma de libro dentro da colección Do Trinque (Vigo, 2007) e exposta no Centro Social Caixanova de Vigo, na Casa de Cultura Salvador de Madariaga de A Coruña, na V Convención de Xornalistas de España e no Outono Fotográfico 2007, no que tamén participou na mostra colectiva Dz25 Outonosdz. Tamén formou parte da mostra colectiva "Quen puidera convoscovoar", no Kiosco Alfonso da Coruña. No verán de 2008 recibiu unha beca do Consorcio do Audiovisual Galego para asistir ó taller Enviromental Portraiture impartido por Shelby Lee Adams no International Center of Photography de Nova Iorque.