35.ESAV
+34 886 13 93 53
+34 635 63 93 16
Gallego | Portugués | Inglésinfo@35esav.com

Beli Martínez


Producir el cine independiente
uvigo.academia.edu/BeliMart%C3%ADnez

Beli Martínez (A Guarda, 1980)

Doutora en Comunicación Audiovisual e en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo.

Produtora da longametraxe Arraianos (2012) de Eloy Enciso, estreada en Locarno e programada en máis de trinta festivais internacionais, onde recibiu o recoñecemento do xurado no BAFICI (Arxentina), Cinema d’Autor (Barcelona) ou Transcinema. Considerada un dos filmes máis importantes do ano foi proxectado en institucións como o MoMA ou o Harvard's Film Study Center. No ano 2011 produce Vikingland, de Xurxo Chirro, unha das obras máis representativas do denominado Novo Cinema Galego, estreada no prestixioso FID Marseille, e catalogada pola revista Luzes e A Cuarta Parede como o filme galego máis importante dos últimos vintecinco anos. A obra acadou premios en festivais como Lima Independiente (Perú), Play-Doc (Tui) ou Márgenes (Madrid). Traballa desde o ano 2012 con este mesmo director no Proxecto Socheo, arquivo audiovisual de A Guarda, iniciativa pioneira que recibiu o Premio de Alfabetización Audiovisual do Ministerio de Educación (2014), e foi recoñecida pola UE como un exemplo de boas prácticas na reunión Grand Treasures celebrada en Parnü (Estonia) no 2012. En 2013 produce a segunda longametraxe de Xurxo Chirro, Une histoire seule, e en 2014 o filme de non ficción Jet Lag, de Eloy Domínguez Serén.

Na actualidade, compaxina a produción audiovisual ca docencia na Área de Comunicación Audiovisual e Publicidade da Universidade de Vigo e no IES Audiovisual de Vigo.http://duvi.uvigo.es/index.php?option=com_content&task=view&id=10395&Itemid=23